Ola !!! Xa estamos no último día desta semana, chega o finde para poder descansar un pouco e desconectar, facendo cousas diferentes.
Qué tal pasates o día do libro? Espero que atoparades entre as propostas da Biblioteca algo que vos gustara. Non vós esquezades de mirar as solucións do reto matemático, os que o fixestes. Mañá estará colgado no blog da bilioteca. https://xiralibronofleming.blogspot.com
Hoxe imos traballar, Lectura,Lingua e C. Sociais
LINGUA
Solucións das actividades da páxina 149 e 156.
Exercicio 4, páxina 149.
– Ela
perdeu o autobús.
– El
ten un telescopio no balcón.
– Ela
chegou moi cansa de tanto andar.
– Nós
saímos cada tarde a dar un paseo.
– Elas
viven en Ourense.
– Vós tedes os
mesmos gustos.
Exercicio 2, páxina 156.
– Nós non coñecemos o
planetario.
– O
meniño parécese moito á súa nai; ten o mesmo sorriso ca ela.
– Vós vistes a chuvia de
estrelas?
– Laura e mais eu somos amigas desde
pequenas.
Para hoxe propoñemos realizar unha pequena historia en galego, a partir da seguinte imaxe.
Que teña polo menos 7 ou 8 liñas.
Vocabulario que tedes que ter en conta, papaventos, anciño- non rastrillo.
Intentade utilizar algún dos pronomes persoais. El, ela, eles ...
Tedes para entregalo ata o martes 28.
-----------------------------------------------
Lengua
Hoy vamos a trabajar con el libro y vamos a acabar el apartado de
ORTOGRAFÍA. Abrimos el libro en la página 143, leemos y copiamos en recuadro
azul, que trata de la “X”, con buena letra y fijándonos en los signos de
puntuación mayúsculas (que a veces, se nos olvidan).
A continuación, realizamos las actividades 8 y 11.✎✎✎✎ Recuerda cuando escribas
oraciones deben tener al menos, 8 palabras y no te olvides de la caligrafía y de la ortografía.
👀👀👀Las soluciones estarán el lunes en el blog.
------------------------------------------------------------------------------------------------
Para el fin de semana, como RETO, puedes hacer la actividad propuesta por la biblioteca:
Crear una historia utilizando títulos de libros (que puedes tener en casa o que leyeras y que conozcas).
Puedes escribirlo hacerle una foto o un vídeo (como en el
cortometraje) y lo envías al correo de tu tutora.
Tema:Libre
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
C. SOCIAIS
😏Tivemos un erro o outro venres ao mandarvos facer os exercicios da páx.95 ,porque os que tocaban eran os da páx 93.
Como algúns de vós, vos destes conta do erro ,fixéstedes estes outros.De calquera maneira poñemos aí as solucións desas dúas páxinas,e así correxides os que teñades feitos(non fai falla facer os da outra páxina)
Correximos os exercicios da páx 93
1 A historia é a ciencia que investiga o pasado das persoas e das sociedades humanas.
Os científicos que a estudan son os historiadores e historiadoras.
2 • Un álbum fotográfico: fonte gráfica. • Unha vasilla: fonte material. • Unha canción: fonte oral. • Un mapa: fonte gráfica
.3 . Para contar a historia da miña vida utilizaría o álbumfotográfico, aínda que tamén podería usar unha canción.
.4 Os principais pasos que segue un historiador son:
a formulación de preguntas relevantes para o seu estudo,
a busca de fontes históricas fiables,
o estudo desas fontes para extraer información e a obtención de conclusións, que deixa reflectidas nun documento.
CORREXIMOS OS EXERCICIOS DA PÁXINA 95
SEGUIMOS COA UNIDADE 7 DE C. SOCIAIS.
LEDES O SEGUINTE RESUMO CO QUE VAMOS TRABALLAR
Na vosa libreta ou nun folio, faredes un esquema con frechas ou en árbore(hacia abaixo),ou nunha liña do tempo, estas etapas da historia que acabades de ler.
💥 Facede un esquema bonito,con cores e con boa letra,e mandádenolo para que nós o vexamos.
Tedes ata o xoves 30.
🔔Podedes ver uns vídeos de todo esto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario